2010-2011
Material necesario para inventar un conto
As fórmulas da marabilla, para iniciar e terminar ben as historias.
As palabras poderosas, que forman parte do imaxinario popular.
O binomio simbólico, que é unha relación de palabras e expresións da narrativa popular e do vocabulario da vida cotiá dos nenos.
Imaxinemos que un conto non é máis que unha armazón de celas, unha cuadrícula construída a partir de catro columnas básicas: os personaxes, os lugares, as situacións e os obxectos. Nace así o taboleiro fantástico.
Cada columna posúe un idéntico número de compartimentos ou celas, e estas énchense cun vocabulario especial, con palabras que, dalgún xeito, pertenzan ao universo dos contos. Evidentemente, poden ser elementos narrativos de actualidade ou provenientes da tradición.
Despois, selecciónanse as palabras que se prefiran, unha de cada columna como pouco. Así, cada taboleiro fantástico servirá para inventar ducias de historias, pois non hai case ningún límite...
Os contos
<fada, cova, bomba, egoísmo>
A fada e o can, de Laura Rial Almeida e Brais Ramos Pérez.
A fada viaxeira, de Sara Roibal López e Antón Seijas Vieites.
A fada da princesa Cristina, de Alejandro Costa Suárez e Cristina Sánchez García.
Fajar y Aiman, de Amna Jamal Mansour e Sandra Rivadulla Llerafo.
La última guerra, de Lara Vieites Meijide e Daniel Martínez Veiga.
A fada Luceciña e a pelota-bomba, de Pablo Novás López e Sofía Celester Carballo.
El Quinteto, de Rubén Seoane Darriba e Carmen Bermúdez García.
El hada arrepentida, de Marta Peña Rodríguez e Iván Rodríguez García.
Guerra entre poblados, de Clara Muñiz Iglesias e Daniel Ondina Seijo.
A BSTF da fada Pinky, de Ana Pazos Blanco e Lidia Rañales Rodríguez.
A fada egoísta, de Cristina Pena Méndez e Andrés Rodríguez Varela.
Eva, a fada curiosa, de Rubén Sánchez López e Eva Prego Pérez.