As historias dixitais (ou digital storytelling)
As adaptacións dos contos
O cofre máxico: Trátase dunha versión dun relato que foi escrito por Alejandro Costa Suárez. O conto orixinal titúlase O mundo máxico, e creouno durante as sesións que se desenvolveron para As palabras poderosas.
Margarida: É unha versión dun conto que escribiu Antón Seijas Vieites. O seu relato orixinal titúlase Margarida, a nena ecolóxica. Foi imaxinado e creado nas sesións de traballo que se realizaron para O binomio simbólico.