As palabras poderosas

2010-2011
Material necesario para inventar un conto
  • As fórmulas da marabilla, esas palabras e expresións que facilitan o comezo e o remate das historias.
  • Un vocabulario que, dalgún xeito, presente as ideas simbólicas que descubriron as investigacións sobre o folclore e o conto popular. Son as denominadas palabras poderosas. Pódense recoller en moitos ámbitos e xeografías, incluso en libros de literatura infantil e xuvenil, mediante unha visión ampla e diversa.
Durante a invención dunha historia, só haberá que introducir unha ou varias desas palabras poderosas no desenvolvemento do relato. Tamén se pode empezar creando un título, pois é posible nomear as cousas antes de que a realidade exista. Así, hai libros enteiros que naceron a partir desa idea: unha longa viaxe submarina, as aventuras no país das marabillas, a busca da pedra filosofal, o lugar onde viven os monstros, etc. En todo caso, ao final, os resultados sempre serán asombrosos... Seguro!

FONTE: Biedermann, H. (1993), Diccionario de símbolos, Barcelona, Paidós.

Os contos


[1 palabra: castelo]
[2 palabras: río, trono]
[4 palabras: rocha, escuridade, león, rosa]
[7 palabras: torre, unicornio, xigante, ouro, porto; + Sofía, Daniel]

Comments