Castelao

LELA

Esta fermosa canción, emblemática da música galega formou parte da única obra de teatro que Castelao escribiu: "Os vellos non deben de namorarse". Esta obra ironiza sobre o paso do tempo e o amor dos vellos polas mozas.

Foi escrita en diversos momentos da década dos trinta, rematada a finais desta en Nova York e estreada en Buenos Aires en 1941.

"LELA" foi pensada por Castelao á maneira dunha serenata estudiantil compostelá cantada por un nostálxico coro de boticarios (persoaxes da obra teatral) tendo ó xeito dun bello fado de Coimbra (música tradicional portuguesa).

A gravación de Carlos Núñez con Dulce Pontes de "Lela" en 1996 para o disco "A irmandade das estrelas" disparou a popularidade da canción en tamén, en parte, fixo que "Lela" cobrase vida propia, independente da obra teatral de Castelao da que forma parte, cambiando tamén a intención inicial de farsa que tiña en "Nos vellos non deben namorarse" para converterse nunha canción de amor.