PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE:
Atoparás toda a información sobre as probas de acceso a Universidade na seguinte ligazón.
Tamén podes ver este video, moi curto, que che pode aclarar como é o ACCESO Á UNIVERSIDADE.
E aquí tes as prazas do sistema Universitario de Galicia para o curso 2023-2024.
ACCESO A UNIVERSIDADE NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA:
Se queredes saber como van ser o exámenes das PAU do 2025, pinchade aquí.
Tamén tes a túa disposición a seguinte presentación coa que poderás ver de que materias terás que examinarte:
OLLO!!!! PONDERACIÓNS PARA CURSO 2024-25 . Con cambios previsibles no futuro que podes ver neste enlace.
Se queres coñecer os exames das PAU NOVO MODELO, aquí tes os Exames, criterios e solucións. Ten en conta que este ano os cambios nos exames son IMPORTANTÍSIMOS.
Para as PAU 2025 os modelos de exames son estes (céntrate so nestes).
Aquí tes información que che pode resultar moi útil sobre a celebración das ABAU: horario dos exames, prezos da matrícula, revisión das cualificacións, solicitude de revisión,... Tamén che recomendo que vexas este video no que a CIUG explica como se realizan as probas (onde son os exames, hora de inicio, pegatinas identificativas, cuadernillo de exames,...)
Calendario da Proba de Acceso e Instruccións para o alumando: convocatoria de Jullo 2024 e HORARIO. Revisa tamén o Protocolo elaborado pola CIUG.
Notas de Corte para acceso as universidades galegas no curso 2024-2025. Neste video que che propoño o SIOPE explícase moi ben que son as notas de corte.
Ponderacións das materias propias da modalidade nas Probas de Acceso a Universidade no ano 2025, para acceder as tres universidades galegas no curso 2024-2025. Se non sabes moi ben que son os parámetros de Ponderación, este video pode axudarche.
Para que che resulte máis sinxelo manexar NERTA, a aplicación informática que deberás empregar para coñecer a túa nota das ABAU e prematricularte na Universidade en Galicia; a CIUG elaborou o seguinte documento: instrucións do alumnado NERTA.
Eu suxéroche que para entender mellor como se fai a preinscripción na Universidade, en Galicia, vexas estes dous videos elaborados pola Universidade de Vigo: PREINSCRIPCIÓN 1, PREINSCRIPCIÓN 2. Revisa tamén este documento da CIUG no que se explica como debes facer a PREINSCRIPCIÓN e a MATRÍCULA en Galicia.
Tamén podes visionar este videos elaborados pola Universidade de Coruña: ABAU de que vai, ABAU: proba de acceso ós Graos, proceso de admisión á Universidade.
Ten en conta o CALENDARIO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA e a Convocatoria de Preinscripción.
OLLO! Desde o curso 2019-2020 cada vez que se produza un chamamento de matrícula para o ACCESO A UNIVERSIDADE, e ti decides agardar pola praza do Grao que che interesa, terás que reconfirmar que desexas continuar nas listaxes de agarda para sucesivos chamamentos da CIUG. Aquí che explico cando debes facelo e a CIUG aclárache como facelo con este archivo.