Becas e axudas o estudo

NOVIDADES IMPORTANTES SOBRE A SOLICITUDE DE BECAS PARA ESTUDANTES QUE CURSEN ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS:

Se estás a cursar:

Debes solicitar a beca desde o  19 de marzo de 2024 hasta ó 10 de maio de 2024, ás 24:00h. Aquí tes información útil.

O proceso é electónico e iníciase coa solicitude que debe facerse na sede electrónica da web do MEC debendo incluírse un enferezo de correo electrónico que vaia estar operativo durante todo o proceso, para recibir os avisos de notificacións (requerimentos, comunicacións, propostas, resolucións,...); tamén deberán conservarse as chaves de acceso iniciais para que, en calquera momento, poidades entar no voso expediente e consultalo. (Enlace á sede electrónico do Ministerio de Educación).

INFORMACIÓN SALIENTABLE:

+ O número de conta que poñades na beca ten que estar como titular ou cotitular o estudante.

+ Despois de cubrir a solicitude tede en conta que só queda presentada cando vos deixa xerar o xustificante de presentación que debedes conservar e ler para saber se tedes que presentar documentación adicional no voso caso (padrón, sentenzas,...). Isto é moi importante, moitas becas quedan denegadas na primeira fase por non xustificar datos.

+ No mes de setembro haberá un prazo para presentar alegacións sobre datos económicos e/ou para facer modificacións na beca só en 3 aspectos: académicos (tipo de estudos, centro onde se realizan); residencia (fóra do domicilio familiar) e conta bancaria. Tamén vos chegará aviso por correo electrónico (tédeo operativo e consultádeo a miúdo).

+ Despois pasarase á fase de datos académicos. Tede en conta que o alumando de 1º e 2º Bacharelato so pode suspender unha materia para ober a axuda e, de estar repetindo curso, non se permite suspenso alguno. No caso de FP hai que estar matriculado nun mínimo de 500 horas e superar unha carga horaria dos módulos do curso anterior, igual ou superior ó 85% das horas e o 100% destas nos casos de matrícula parcial ou específica para persoas adultas. 

Para non ter que devolver a beca concedida hai que cumprir uns obxectivos: asistir ás clases, non darse de baixa no centro antes do remate do curso e aprobar a lo menos o 50% de materias, créditos ou horas.

Compoñentes das becas e cuantías:

Información sobre a tramitación:

Poderás consultar o estado de tramitación da túa solicitude en https://sede.educacion.gob.es, no apartado "Mis expedientes".  Ou ben podes dirixirte a unidade de becas que che corresponda identificándote co teu NIF.

Suxiroche esta páxina na que poderás resolver as túas dúbidas sobre Becas: 

- PaginaDudasbecasMec.

Estes simuladores pódenche axudar a calcular a becas que poderías opter:

+ Calcula a nota necesaria  nas PAU para ser becario.

+ Calculadora cuantía becas MEC.

+ Calcula a túa renta familiar.

+ Calcular nota media.

+ Simulador Beca MEC.

Se queres informarte sobre as becas que podes solicitar para estudar un Grao universitario, pincha aquí.