ABAU

PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE:

Atoparás toda a información sobre as probas de acceso a Universidade na seguinte lizagón.

Tamén podes ver este video, moi curto, que che pode aclarar como é o ACCESO Á UNIVERSIDADE.

 E aquí tes as prazas do sistema Universitario de Galicia  para o curso 2023-2024.

ACCESO A UNIVERSIDADE NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA:

Se queredes saber como van ser o exámenes das ABAU do 2024, pinchade aquí.

Tamén tes a túa disposición a seguinte presentación coa que poderás ver de que materias terás que examinarte:

ABAU

OLLO!!!! PONDERACIÓNS PARA CURSO 2024-25 PENDENTES DE APROBACIÓN (PROVISIONAIS). Podes consultalas neste enlace.

CAMBIOS IMPORTANTES DA ABAU 

Se queres coñecer os exames das ABAU en convocatorias anteriores, aquí tes os Exames, criterios e solucións. Ten en conta que este ano houbo un cambio nos contidos e obxectivos do Bacharelato.

Para as ABAU 2024 os modelos de exames son estes (céntrate so nestes).

Aquí tes información que che pode resultar moi útil sobre a celebración das ABAU: horario dos exames, prezos da matrícula, revisión das cualificacións, solicitude de revisión,... Tamén che recomendo que vexas este video no que a CIUG explica como se realizan as probas (onde son os exames, hora de inicio, pegatinas identificativas, cuadernillo de exames,...)

Calendario da Proba de Acceso e Instruccións para o alumando: convocatoria de Jullo 2024 e HORARIO. Revisa tamén o Protocolo elaborado pola CIUG.

Notas de Corte para acceso as universidades galegas no curso 2023-2024. Neste video que che propoño o SIOPE explícase moi ben que son as notas de corte.

Ponderacións das materias propias da modalidade nas Probas de Acceso a Universidade no ano 2023, para acceder as tres universidades galegas no curso 2023-2024. Se non sabes moi ben que son os parámetros de Ponderación, este video pode axudarche.

Para que che resulte máis sinxelo manexar NERTA, a aplicación informática que deberás empregar para coñecer a túa nota das ABAU e prematricularte na Universidade en Galicia; a CIUG elaborou o seguinte documento: instrucións do alumnado NERTA.


Eu suxéroche que para entender mellor como se fai a preinscripción na Universidade, en Galicia, vexas estes dous videos elaborados pola Universidade de Vigo: PREINSCRIPCIÓN 1,  PREINSCRIPCIÓN 2. Revisa tamén este documento da CIUG no que se explica como debes facer a PREINSCRIPCIÓN e a MATRÍCULA en Galicia.

Tamén podes visionar este videos elaborados pola Universidade de Coruña: ABAU de que vai, ABAU: proba de acceso ós Graos, proceso de admisión á Universidade.


Ten en conta o CALENDARIO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA e a Convocatoria de Preinscripción.

OLLO! Desde o curso 2019-2020 cada vez que se produza un chamamento de matrícula para o ACCESO A UNIVERSIDADE, e ti decides agardar pola praza do Grao que che interesa, terás que reconfirmar que desexas continuar nas listaxes de agarda para sucesivos chamamentos da CIUG. Aquí che explico cando debes facelo e a CIUG aclárache como facelo con este archivo.