VIDEO 70 Aniversario ONU

Os mesmos alumnos e alumnas de 1º da ESO e 1º de Bacharelato presentaron no mes de decembro unha mensaxe do Secretario Xeral da ONU con motivo do 70º Aniversario desta organización internacional.

A presentación fíxose en 16 línguas, usando xestos internacionais YoGote para facilitar a comprensión.

Este alumnado participa no Obradoiro de Actividades da UNESCO do IES Pedra da Auga.

Pódense ver outros videos realizados polo mesmo alumnado (así como a relación completa dos seus nomes) na páxina web do IES Pedra da Auga publicada con motivo desta efeméride.