Primaria 2

Coordinan. Iria e Naila

Monitores: Andrea, Alicia, Belén, Pedro e Cristián.

No grupo de Primaria 2 (alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria) fixemos tres xogos de relatividade:

  • Presentación con pelota.
  • Xogo dos espellos.
  • Debate e cambio de rol.

Na Presentación con pelota, colocabámonos nun círculo e, cunha pelota na man, tiñamos que dicir o noso nome, un gusto que tiveramos e o nome e gustos das persoas anteriores. Deste modo, os nenos aprendían o nome dos seus compañeiros e o que lles gustaba, facendo eisí que fosen máis sinxelo os seguintes xogos.

As monitoras deste xogo foron Andrea (a quen lle gusta nadar) e Alicia (a quen lle gusta o Hockey).

No xogo dos espellos, os nenos tíñanse que por por parellas, e mediante este xogo, imitar un espello, ou sexa, imitar os xestos do compañeiro de enfronte.

Os monitores de este xogo foron Pedro e Cristian.

No xogo de Debate e Cambio de Rol,

coa monitora Belén.

A actividade trata dun debate con cambio de rol, eu digo dúas cousas e me teñen que dicir cal é a que máis lle gusta e por qué. Despois, a dúas personas que lles guste o contrario, van a defender a idea do outro.

Este é o método que empregábamos para dividirnos en dous grupos de debate; collíamos un papel o azar dunha bolsa e, dependendo do número que che tocara, íamos a un ou outro grupo.

A coordinadora Naila con dous alumnos: Laura, dun centro de Pontevedra; e Pedro, dun centro de Ponteareas; facendo un exemplo de debate.

As monitoras Alicia e Andrea debatendo con máis nenos.