Primaria 1

Coordinan: Brenda e Julia

Presentación con Pelota

Clara e Tatyana

·Materia:

Pelota mediana e branda.

Papel e bolígrafo.

·Explicación:

Consiste en presentarse dicindo o teu nome e unha cousa que che guste. Despois pasaslle a pelota ao compañeiro do lado. Este compañeiro ten que presentarse e despois dicir o nome e a cousa que lle gusta do anterior. E desta maneira sucesivamente.

Debuxo o que che gusta

Chantal e Natalia

·Material:

Folios.

Lapis de cores e ceras.

·Explicación:

Os nenos teñen que facer parellas e facer un debuxo do que lles gusta ao outro. Para isto os monitores dámoslle folios, lapis de cores e ceras. Ao rematar deben regalarlle o debuxo ao seu compañeiro.

Adiviña o animal

Alba e Ainhoa

·Material:

Encerado pequeno.

Xices.

·Explicación:

Os nenos deben pensar nun animal que comece pola letra do seu nome (por exemplo Raúl, ra).

Despois o debuxan cun xiz no encerado e os demais nenos deben intentar acertar que animal é.