Plantas

Abre o formulario PDF ou descárgao no teu ordenador, completa o formulario e, por último, preme en Imprimir.

O formulario só se pode gardar en branco. Para gardar o formulario cos datos hai que seleccionar ADOBE PDF (ou similar)* como impresora. Así obtemos un ficheiro PDF no noso ordenador, que, posteriormente, se queremos, podemos imprimir, mandar por correo...

* Para facer o traballo e para imprimir cunha impresora PDF necesitas ter instalado Adobe Reader:

Se non che aparece ningunha impresora PDF, quizais necesites tamén PDFCreator

Para cubrir o formulario:

  1. Antes de empezar é imprescindible que teñas toda a información no teu ordenador (datos, fotos...).
  2. Completa o formulario co texto que se pide (agás o nº de ficha). Escribe toda a información que che pareza importante e procura non deixar espazos baleiros. En galego, por suposto.
  3. Engade as fotos premendo sobre o espazo reservado. A foto principal (a da árbore ou planta enteira) ten que ser orixinal e feita por ti, e dun exemplar que exista no noso contorno. O resto das fotos (froito, folla...) pódelas tirar de internet ou facelas ti tamén.
  4. Párate e pensa antes de facer as fotos: escolle un exemplar singular (único pola súa idade, beleza, situación...), unha hora con suficiente luz, unha posición desde a que se distinga ben doutras árbores/plantas veciñas... Fai unha foto "profesional".
    1. Procura que as fotos teñan unhas medidas proporcionadas, que se adapten ó oco do formulario. Se é preciso recórtaas cun editor de imaxes (Paint, Photoshop...).
    2. Cando remates, selecciona imprimir (lembra as instrucións de máis arriba) e ponlle o teu nome e curso ó ficheiro.

Envía o documento PDF a miraquechedigo@gmail.com

plantas.pdf