Linguas minorizadas
Abre o formulario PDF (Descargar, se o queres facer máis tarde), completa o formulario e, por último, preme en Imprimir.
O formulario só se pode gardar en branco. Para gardar o formulario cos datos hai que seleccionar ADOBE PDF (ou similar)* como impresora. Así obtemos un ficheiro PDF no noso ordenador, que, posteriormente, se queremos, podemos imprimir, mandar por correo...
* Para facer o traballo e para imprimir cunha impresora PDF necesitas ter instalado Adobe Reader:
Se non che aparece ningunha impresora PDF, quizais necesites tamén PDFCreator
Para cubrir o formulario:
- Antes de empezar é imprescindible que teñas toda a información no teu ordenador (datos, fotos...).
- Completa o formulario co texto que se pide (agás o nº de ficha). Escribe toda a información que che pareza importante e procura non deixar espazos baleiros. En galego, por suposto.
- Engade as fotos premendo sobre o espazo reservado.
- Procura que as fotos teñan unhas medidas proporcionadas, que se adapten ó oco do formulario. Se é preciso recórtaas cun editor de imaxes (Paint, Photoshop...).
- Persoeiro refírese a unha persoa destacada no ámbito desa lingua (escritor, cantante, poeta...).
- Cando remates, selecciona imprimir (lembra as instrucións de máis arriba) e ponlle ó ficheiro o nome da lingua sobre a que fixeches o traballo.
Envía o documento PDF a miraquechedigo@gmail.com
![](https://www.google.com/images/icons/product/drive-32.png)