Deportes

Abre o formulario PDF (Descargar, se o queres facer máis tarde), completa o formulario e, por último, preme en Imprimir.

O formulario só se pode gardar en branco. Para gardar o formulario cos datos hai que seleccionar ADOBE PDF (ou similar)* como impresora. Así obtemos un ficheiro PDF no noso ordenador, que, posteriormente, se queremos, podemos imprimir, mandar por correo...

* Para facer o traballo e para imprimir cunha impresora PDF necesitas ter instalado Adobe Reader:

Se non che aparece ningunha impresora PDF, quizais necesites tamén PDFCreator ou outra aplicación similar.

Para cubrir o formulario:

  1. Antes de empezar é imprescindible que teñas toda a información no teu ordenador (datos, fotos...).

  2. Completa o formulario co texto que se pide (agás o nº de ficha). Escribe toda a información que che pareza importante e procura non deixar espazos baleiros. En galego, por suposto.

  3. Engade as fotos premendo sobre o espazo reservado.

  4. Procura que as fotos teñan unhas medidas proporcionadas, que se adapten ó oco do formulario. Se é preciso recórtaas cun editor de imaxes (Paint, Photoshop...).

  5. Cando remates, selecciona imprimir (lembra as instrucións de máis arriba). Ponlle ao ficheiro o nome do deporte sobre o que fixeches o traballo.

Envía o documento PDF a miraquechedigo@gmail.com

Deportes.pdf