Móndanse as castañas, dáselles un fervor e quítaselles a 2ª pel.
Colocar cada castaña dentro dun cacho de tea e atar as puntas cun fío branco.
Poñer os paquetes a remollo durante 2 horas.
Bótase nunha cazola grande para que non queden amontoadas, engádese o viño e 1 litro de auga e déixanse cocer lentamente ata que esteñan brandas.
Escorrer e botar na mesma cazola e engadir 3 litros de auga, o azucre, a vainilla e o crémor tártaro,deixar cocer alume lento 10 minutos
Deixar repousar 24 horas. Pasado este tempo, poñer ao lume e ferver 5 minutos, deixar repousar outras 24 horas e repetir esta última operación 4 días, ao cabo dos cales o almíbar terá que estar espeso.
Cando estén frías, escorrer , quitar a graxa e colocar sobre un tamiz. Coar o almíbar poñer ao lume e deixar reducir.
Cando empece a caramelizar botar as castañas. Unha vez frias envolver cun papel de aluminio.
Tarta de castaña.
Ingredientes:
500 grs de castañas moídas.
400grs de fariña de trigo.
2 culleradas de levadura.
6 ovos.
300grs de azucre.
2 culleradas de azucre.
raiadura de limón.
Preparación:
Bater os ovos co azucre e a raiadura de limón.
Engadi-la fariña coa levadura.
Despois agregar as moídas e mezclar todo ben.
Untar un molde con margarina, bota-la mezcla e meter no forno durante 30 minutos a 150º.