"Non chas quero no chas quero"
non chas quero
castañas do teu magosto
non chas quero non chas quero
que me cheiran ao chamosco.
Santo que estás no canizo
vota castañas baixo
que aunque non teño mandil,
apañochas no refaixo.
Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño
tres castañiñas me deu
para ti meu queriño.
A castaña no ourizo
cria moita gravidade
fai como os mozos solteiros
criados na liberdade.