LIBROS INTERESANTES

PINTEREST DE PILAR SAMPEDRO

cunha selección de títulos para a igualdade

https://sites.google.com/site/igualdadecoeducacionxenero/libros-interesantes/Sin%20t%C3%ADtulo.png

PINTEREST

clica na imaxe

Merlina é a filla dun xardineiro e segundo unha profecía ha casar co príncipe de Sarcanda. O rei para evitar este desigual matrimonio ordena que a maten, pero poderían preguntar a Merlina que

por nada do mundo quere casar co príncipe.

A partir de 8 anos

    • Historia de los bonobos con gafas. Adela Turín y Nella Bosnia. Barcelona, Lumen 1997

Hai moitos anos, a tribo dos bonobos vivía nun frondoso bosque. Os bonobos pasaban o día moi ocupados mascando froitos, pebidas e sementes, raíces e casulos que as bonobas recollían par

a eles e para os bonobos pequenos.

A partir de 8 anos.

    • Historia de unos bocadillos. Adela Turín y Margherita Saccaro. Barcelona, Lumen 1988

No pobo de Ita, as mamás e as nenas encárganse de facer os bocadillos que logo envían á Casa Grande dos Homes. Ninguén sabe que é o que fan os homes nesa Casa, ata

que Ita, unha nena curiosa e aventureira, decide investigar pola súa conta.

A partir de 10 anos.

    • La chaqueta remendada. Adela Turín y Anna Curti. Barcelona, Lumen 1988

A bruxa do bosque regala unha chaqueta remendada a un pobre carpinteiro. Esta chaqueta é máxica e transforma ao que a leva no mellor carpinteiro do mundo. Ao nacer a filla do carpinteiro, ponlla e efectivamente é magnífica traballando a madeira. Pero a súa nai pensa que non atopará marido. A bruxa dálle un pescozo para que o engada á chaqueta e poderá conseguir tamén todas as virtudes que se admiran nas mulleres: a paciencia, a alegría, a compaixón, a sensibilidade e a simpatía.

A partir de 8 anos.

    • La herencia del hada. Adela Turín y Nella Bosnia. Barcelona, Lumen 1996

Asolina é unha moza aventureira, valente e sempre disposta a axudar aos demais. Nesta ocasión ten que buscar uns obxectos que a fada Melusina regalou á tendeira e que forman o dote do seu tres fillas. Sen estes obxectos máxicos as raparigas non poderán casar.

A partir de 10 anos

    • Las hierbas mágicas. Adela Turín y Nadia Pazzaglia. Barcelona, Lumen 1994

Cando a raíña enferma, unha anciá anuncia que só unhas herbas máxicas poderán curala. Para atopar estas herbas, o fillo da raíña emprende unha longa viaxe. A súa irmá, a pequena Hortensia irá tras el porque transcorre o tempo e non regresa.

A partir de 8 anos

    • Los gigantes orejudos. Adela Turín y Nella Bosnia. Barcelona, Lumen 1988

Trátase dunha nova aventura de Asolina. Nesta ocasión terá que liberar a tres princesas que ten prisioneiras o terrible Brujón na Montaña de Esmeralda. Pero para chegar até alí, Asolina terá que superar moitos obstáculos. Afortunadamente é moi enxeñosa e valente.

A partir de 8 anos.

    • Nuncajamás. Adela Turín y Letizia Galli. Barcelona, Lumen 1990

Milena ten moita sorte, é unha nena moi fermosa e todos lle aseguran que un día virá un príncipe e casará con ela. Para iso ha de prepararse ben: "ponte dereita, peitéate, lávate as mans, fala cando che pregunten ", insistía sempre a súa nai. Pero Milena ten unha amiga, a bruxa Melusina que fora desterrada a un torreón do castelo, porque os seus coñecementos de astronomía, de medicamentos e de química puñan furiosos aos doutores do reino, que non sabían nada de nada.

    • ¿Quién ayuda en casa? Ricardo Alcántara ; ilustrado por Gusti. Zaragoza, Edelvives, 1998

Cando Pablo e o seu papá chegan a casa pola tarde están moi cansos. O colexio e o traballo son tan duros!. Por iso acomódanse no sofá a ver a televisión, mentres mamá prepara a merenda, a cea. Pero, mamá tamén está cansa.

A partir de 6 anos

    • Billy Elliot [DVD] : (quiero bailar) directed by Stephen Daldry

Billy é un mozo de 14 anos dunha familia mineira cunha peculiaridade: atráelle máis o baile que o boxeo. A profesora de baile pronto ve

nel un gran talento e decide darlle clases ás agachadas do seu pai e do seu irmán maior. Con todo, estes daranse conta e obrigarán ao mozo de apartarse dese "ambiente para nenas". Ata que eles mesmo superen os seus prexuízos e se dean conta da valía de Billy.

Para todos os públicos.

LA MITAD DEL CIELO. Nicholas D. Kristof e Sheryl Wudunn. Editorial Duomo - Perímetro. Trátase de 14 testemuñas de mulleres de todo o mundo, das que a súa forza e traballo son chaves para o desenvolvemento económico.

O LIBRO DOS PORCOS. Anthony Browne; trad. de Xosé M. González "Oli"; il. Anthony Browne. Ed: Kalandraka.

  • Mi primer libro sobre Ellas hicieron historia son dous libros dedicados a un

grupo de mulleres que, en épocas nas que non tiñan dereito a case nada, atrevéronse a loitar polos seus soños, e chegaron, mesmo, a cambiar a historia.