CURSO 2015-2016

O tema do 2016 para o Día Internacional da Muller é “Por un planeta 50-50 en 2030 : Demos o paso para a igualdade de xénero”

Por que se celebra o Día da muller traballadora?

O 8 de marzo de 1908 ocorreu un grave feito na cidade de Nueva York.

Despediron a un gran número de mulleres que protestaban nunha fábrica téxtil polos abusos patronais que sufrían e por querer mellorar as súas condicións laborais.

Por iso, encerráronse e declaráronse en folga dentro da fábrica, para lograr tres melloras fundamentais: recibir o mesmo salario que os homes polo mesmo traballo, ter unha xornada laboral de oito horas e descansar os domingos.

Como resposta, as obreiras foron encerradas e a fábrica foi incendiada. No incendio morreron 129 traballadoras.

A asemblea xeral das Nacións Unidas, en decembro de 1977, declarou o 8 de marzo como Día Internacional da Muller en homenaxe a estas mulleres e a todas ás que  día a día loitan por un mundo en paz e máis xusto.

Este ano faremos unha gran exposición baixo o título:

 “AS MULLERES DA MIÑA VIDA”

Por iso pedímosvos que lles proporcionedes aos vosos fillos e fillas as fotos das mulleres que para eles son importantes. Recomendamos que as fotos veñan acompañadas dun pequeno texto onde se indique o motivo de por que é importante esa persoa para o neno ou nena. A foto deberá vir pegada cunha cinta adhesiva nun folio e no pé da foto o texto. Tamén nos valen fotografías escaneadas e impresas.

ÁLBUM DE MULLERES

AS MULLERES DA MIÑA VIDA