CURSO 2022-2023

O Día Internacional da Muller 2023 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero", facendo un chamamento aos gobernos, aos movementos activistas e ao sector privado para acelerar os seus esforzos por conseguir un mundo dixital máis seguro, máis inclusivo e máis equitativo. Nun momento no que nos enfrontamos a múltiples crises globais, temos a posibilidade de crear un futuro mellor, non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a humanidade e toda a vida na Terra. 

Para conmemorar a data do 8 de marzo, Día da Muller, propuxemos ao noso alumnado que plasmara en debuxo, fotografía, collage... á muller da súa vida, despois escribiron o nome e o motivo polo que a escolleron. 

Unha vez entregados os traballos fixemos unha pequena exposición nas ventás e entrada do colexio e así o podemos ver no seguinte vídeo.

Publicamos tamén un pequeno traballo do alumnado de 1º de Primaria

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

NESTE ENLACE PODEMOS VER O 

PROGRAMA DE RADIO 

"VIVEIRO EN IGUALDADE"