A textura

Definición de textura. Segundo o Diccionario da Real Academia Galega.

textura s.f.

1. Disposición ou modo de se entrecruzaren e de se combinaren os fíos dun tecido. Ten a textura da gasa.

2. Disposición ou maneira de estaren dispostas as partículas dunha substancia ou os elementos que constitúen un corpo. A textura dunha rocha. Ten unha textura compacta. CF. constitución.

3. Lit. Maneira de estaren dispostas e organizadas as diferentes partes dunha obra. A textura dun poema. SIN. estructura.CF. construcción, disposición, organización.

A textura é a calidade que define unha superficie e a diferencia doutra.

En xeral, abonda con ver unha determinada superficie para saber cal é a súa textura, sen necesidade de tocala. O noso cerebro recorda cando tocou unha textura semellante, e pode identificala de inmediato, dese xeito non é necesario repetir a experiencia e o táctil convértese en visual.

En toda textura existe un concepto de ordenación dos elementos que a constitúen, por medio desa ordenación fórmase unha estructura que configura a textura.

ordenación e estructura

Unha das características que define unha textura é a súa uniformidade: unha textura está formada por pequenos elementos máis ou menos iguais que se repiten dun xeito uniforme.

Por exemplo, os grans definen a forma da area, as tellas definen a textura dun tellado ou os cráteres definen a textura da Lúa. En cada caso temos unha distribución máis ou menos uniforme dun elemento con características iguais ou similares.

Texturas naturais e texturas artificiais

Nas texturas naturais ou creadas pola natureza, os elementos que a constitúen serán moi similares pero non exactamente iguais, ou sexa, a distribución non é totalmente uniforme.

No caso das texturas artificiais ou creadas polos seres humanos, os elementos que as constitúen si poden ser exactamente iguais, é dicir, a distribución pode ser totalmente uniforme.

A superficie das formas naturais medra de xeito que a estructura que a define vai crecendo e repetindo un mesmo “modulo” ou forma. Dese xeito existen pequenos cambios entre eses elementos e a uniformidade é relativa. Por exemplo a pel dunha naranxa ou a cortiza dunha arbore. Noutros casos da natureza, que non son seres vivos, as condición climáticas ou calquera outro condicionante ambiental van definir as súas características. A textura dunha rocha sedimentaria non é igual á dunha volcánica.

A superficie das formas artificiais son creadas, na maioría dos casos, por procesos industrais nos que o módulo repítese de xeito igual e a textura será uniforme. En moitos casos as texturas naturais son imitadas nos obxectos creados industrialmente.

Texturas táctis e texturas visuais

Texturas táctis. Son as que percibimos polo tacto.

Son en xeral tridimensionais, teñen certo volume que permite ser percibido polo tacto.

Os termos que empregamos para definir as texturas teñen á súa orixe na experiencia táctil, experimentamos as texturas cando tocamos os obxectos.

Liso, aspero, suave, sedoso, aterciopelado, etc. son palabras que forman parte do nos vocabulario táctil.

Texturas visuais. Son as que percibimos pola vista.

En función da textura dun obxecto sabemos como son as súas características. Con miralo será suficiente. Se é dun material que coñecemos sabemos como será o seu tacto.

Brillante, mate, rugoso, pulido, etc. son termos cos que definimos un obxecto cando o vemos.

finalidade das texturas

Finalidades das texturas

As texturas, xa sexan naturais ou artificiais, cumpren funcións moi diversas.

As pegadas dixitais das nosas mans sirven para que podamos coller as cousas sen que esvaren.

O mango dunha ferramenta está pensado para poder utilizalo con comodidade e seguridade. Se as nosas mans súan a ferramente non debe esvarar.

Nas rúas das cidades os pavimentos nas beirarrúas varían para que os cegos podan saber cando chegan a unha esquina ou se hai un paso de peóns.

A textura do polen das flores serve para pegarse aos insectos e conseguir a polinización. Moitas sementes teñen unha textura que fai que se enganchen ao pelo dos animais e así distribuirse polo contorno.

As rodas dos vehículos teñen unha textura que mellora a adherencia ao chan incluso cando este está mollado.

A textura dos tecidos fai máis ou menos confortable o seu uso.

As texturas tamén son comunicativas. Nos planos dunha construcción se sabe que materiais hai que empregar polas texturas que utilizou o arquitecto nos debuxos.

As texturas resolven problemas ou os simplifican. Nunha parede coberta de gotelé non se aprecian as imperfeccións e non é necesario rematala tan ben, co que se aforra tempo e traballo.

As texturas son capaces de crear sensacións e os artistas as empregan para transmitir e expresarse nas súas creacións. As texturas poden empregarse tanto en creacións bidimensionais como tridimensionais.

A capacidade de sentir co tacto que temos nos beizos e no interior da nosa boca coa lingua e o padal, fai que os alimentos nos resulten agradables ou non pola súa textura, sendo capaces de diferenciar o que se pode do que non se pode comer.

As persoas invidentes coñecen os obxectos do seu entorno a través do tacto. O alfabeto Braille está creado para que os invidentes podan ler empregando un tipo de textura. Na actualidade nos botóns dos ascensores ou nas caixas dos medicamentos atopamos este alfabeto.