A liña

Debuxo do animador italiano Osvaldo Cavandoli (1920-2007) creado empregando só unha liña.

Este creador fixo unha serie para a televisión italiana chamada La línea.

Definición de liña. Segundo o Diccionario da Real Academia Galega.

liña s.f.

1. Trazo alongado e fino. Fixo liñas nun papel. SIN. raia. 2. Serie de cousas dispostas unha detrás doutra. Dobra o papel pola liña de puntos. CF. fila, ringleira. 3. Aspecto externo dunha cousa, que se deriva da combinación de liñas ou formas do seu deseño. Un vehículo de liña deportiva. 4. Cada grupo de letras ou palabras dispostas en posición horizontal. Escríbelle unhas liñas. 5. fig. Orientación que segue unha persoa nunha actividade, no modo de vivir, etc., ou tendencia que se observa nalgunhas cousas. Non me gusta a liña deste discurso. A producción da fábrica segue nunha liña ascendente. 6. Arte de pesca consistente nun fío ou tanza, xeralmente de nailon, cunha chumbada e un ou varios anzois empatados no extremo. Pescar con liña, á liña. SIN. cordel.

CF. cana. 7. Servicio de transporte e comunicación. Liñas aéreas. Liña regular. 8. Servicio de comunicación establecido a través de cables que transmiten electricidade. A liña (telefónica) está moi cargada.

9. Serie de persoas coas que un está emparentado por lazos de sangue. Por liña materna ten un avó militar. 10. Mil. Posicións nun campo de batalla. Atravesa-

-las liñas inimigas. En primeira liña. 11. Bo aspecto físico, boa figura. Coida a túa liña cunha alimentación equilibrada. s Conservar (gardar, manter) a liña. Conserva-la boa figura. / En liña. Un a continuación doutro no espacio, en fila, en ringleira. / Ler entre liñas. Adiviñar aquilo que non se dixo claramente pero que se deu a entender.

Presentacións

A liña como elemento gráfico. Análise das posibilidades da liña como elemento gráfico.

A liña como elemento creativo. Exemplos de imaxes na que a liña representa o elemento creativo fundamental.

A liña como elemento artístico. Exemplos de obras de arte na que se emprega a liña como elemento fundamental.

A liña como elemento fotográfico. Exemplos de fotografías na que a liña é un elemento fundamental na configuración da imaxe.

Vídeos de Osvaldo Cavandoli. Só liña.

Episodio de Pink panther con protagonismo de liñas.