O equipo de científicos interestelares percatouse de que os seres humanos empregan moito o xogo como unha ferramenta de aprendizaxe. Desde cativos, o xogo forma parte da vida humana e lle axuda a adquirir novos coñecementos dunha forma divertida e entretida.
O capitán RTK23 pediulle a Roi e Sabela que deseñen xogos para que o resto do equipo de científicos interestelares tamén podan pór en práctica esta técnica de aprendizaxe para coñecer as características das plantas e dos animais que habitan o planeta.
Os nosos amiguiños están un pouco desconcertados con esta nova misión e, de novo, requiren dos vosos coñecementos, imaxinación e creatividade para que lles axudedes.
A continuación deixan unha lista de aplicacións que lles enviaron desde o planeta Alfa9K coas que o equipo de científicos interestelares observaron que os profesores da Terra elaboran moitas actividades deste tipo para os seus alumnos.