O capitán RTK23 quedou moi preocupado coa mensaxe que recibiu daquela mostra, así que estivo investigando un pouco máis e pudo averiguar que se trataba dun neumocito (célula do pulmón) que estaba sendo atacada polo SARS-CoV2. O capitán do equipo de científicos interestelares tamén averiguou que este virus mata as células, dana os pulmóns das persoas e pode chegar a acabar coa súa vida. E polo que viu nos xornais e televisión, este ser tan pequeno está a provocar estragos a nivel mundial e xa hai meses que os científicos do planeta lle chaman 'pandemia'.
Agora quere colaborar na loita que os humanos están levando a cabo contra este patóxeno pero de novo necesita que ti, xunto a Sabela e Roi, dedes o mellor de vós para conseguir bloquear a entrada do virus na célula.