Como podes ver os nosos amiguiños metéronse nun bo lío... Saíron dar unha volta polo Sistema Solar e agora non saben como voltar á Terra!
No sistema de navegación da nave teñen gravadas as coordenadas exactas do noso planeta; só teñen que meter o código que lles proporcionou o capitán RTK23... peeeeroooo... NON O RECORDAN!
A túa misión é averiguar ese código, e para iso terás que percorrer o Sistema Solar con eles en busca de pistas que che axuden a dar con el e poder voltar sans e salvos á Terra.