1. O primeiro que te chamaría a atención é que o pulso, cada vez, vai máis deprisa.
A este fenómeno, en Música, chamámoslle accellerando. Tamén é posible que, nunha partitura, atopes esta palabra na súa forma abreviada: accell.
2. Observarías tamén que cambia o volume (ou intensidade). A música comeza sendo feble e, pouco a pouco, vaise facendo máis forte, ata acabar fortíssimo.
A este fenómeno, en Música, chamámoslle crescendo. Tamén é posible que, nunha partitura, atopes esta palabra na súa forma abreviada: cresc., ou cun regulador coma o seguinte:
3. Se te fixaches ben, seguramente descubrirías que, ó principio, o son era moi grave. Pero, pouco a íase facendo máis agudo. Eso quere dicir que, na peza, foi cambiando a altura ou ton.
4. Por último, e relacionado co anterior, daríaste conta de que non sempre tocaban os mesmos instrumentos. A medida que avanza a peza, incorpóranse outros novos.