Edvard Grieg foi un pianista e compositor noruegués que naceu en Bergen en 1843 e morreu en 1907. A súa música inspírase no folclore do país, e a súa obra máis coñecida é a Suite de Peer Gynt.
A Suite de Peer Gynt é o conxunto de pezas que Edvard Grieg compuxo para a obra de teatro escrita polo dramaturgo noruegués Henrik Ibsen.
Este tipo de música composta para acompañar obras de teatro, películas ou programas de televisión chámase música incidental.
O personaxe protagonista de Peer Gynt é un aldeano novo e atrevido que fantasea con ser rico e influínte.
Co seu carácter atolondrado e a súa personalidade pouco estable, Peer engancha unha aventura con outra, chegando, incluso, a viaxar a África, onde se involucra en turbios negocios.
Tras máis de vinte anos vagando polo mundo, a obra remata onde comezou, en Noruega, nos brazos da súa amada Solveig.
A peza da Suite titulada Na Caverna do Rei da Montaña presenta o seguinte argumento:
Peer intenta saír ás agachadas do castelo do rei da montaña, tras insultar á filla do rei. Pero, na súa fuxida, é perseguido polos troles.