Como ben sabes, non todos os sons son iguais, polo que é posible que distingamos uns dos outros. Chamamos Calidades do Son ás características que nos permiten diferenciar uns sons dos outros.
Existen catro Calidades do son:
1. A duración.
É a calidade que nos permite distinguir entre sons curtos e longos.
En Música, para indicar a duración empregamos as figuras e os seus correspondentes silencios.
2. O volume ou intensidade.
É a calidade que nos permite distinguir entre sons febles e fortes.
En Música empregamos unha ampla gama de palabras italianas para indicar as distintas intensidades. Aquí as tes, coas súas abreviaturas.
Cando o compositor quere facer un cambio progresivo de intensidade (como ocurre na peza que temos escoitado) pode empregar os reguladores.
3. A altura ou ton.
É a calidade do son que nos permite distinguir entre sons graves (que soan abaixo) ou agudos (que soan arriba).
Para indicar a diferente altura do son, en Música empregamos as notas:
4. O timbre.
É a calidade que nos permite distinguir o son producido por diversos instrumentos ou as voces de diferentes persoas.