Convive MGB

Introdución

A implementación de REDES DE APOIO ENTRE IGUAIS no IES Manuel García Barros de A Estrada busca mellorar o clima de convivencia e o benestar emocional no alumnado e profesorado.

Equipo de Alumnado Axudante á convivencia (EAA)

O equipo de alumnado axudante  é un proxecto iniciado no curso 2019-20 que se tivo que adaptar ás circunstancias derivadas da COVID-19 e sobrevivir durante o curso 2021-22. A partir desta etapa o alumnado seleccionado pertence aos curso de 1º, 2º e 3ºESO e conforma unha estructura estable no IES. A súa actividade permite o afondamento na resolución pacífica de conflitos, na mellora dos procesos de  acollida e inclusión e na participación do alumnado na vida e xestión do centro. 

Máis información

Rede de apoio do profesorado

A rede de apoio entre o profesorado foi unha inicitaiva que xurdiu no curso 2020-21 nun contexto de pandemia. A súa intención principal é descubrir ferramentas para traballar competencias socioemocionais co alumnado, resolver pacíficamente os conflictos e aumentar o vínculo e o benestar docente.

As sesións tratan de facilitar o intercambio de experiencias, solucións e inquedanzas entre os membros, de acordo aos seus intereses e prioridades. Nas reunións mensuais se desenvolven un tipo de prácticas restaurativas: "os círculos de diálogo" onde, a través dunhas preguntas deseñadas previamente, se inicia unha reflexión e posta en común sobre problemas cotiás do labor docente.

Máis información