Detectar problemas de convivencia no instituto
Potenciar o pensamento creativo
Desenvolver competencias socioemocionais entre o profesorado
Practicar estratexias docentes para aplicar co alumnado
Aumentar o vínculo entre os participantes
Potenciar o benestar docente
Desenvólvese un tipo de práctica restaurativa chamada círculo de diálogo. Para a súa implementación síguense unhas fases, non hai por que realizalas todas, as máis importantes son a "ronda de entrada", a "actividade principal", a "reflexión" e o "peche".
Outra estructura restaurativa utilizada é a o "Tanque de peixes", onde a xente se dispón en dous círculos concéntricos para escoitar un problema dun membro do grupo e facer unha chuvia de ideas guiada, co fin de propoñer posibles solucións.
Realizáronse sesións fóra do horario lectivo e cunha perioricidade mensual dende outubro ata maio.
O experto en Prácticas Restaurativas Rafael Pérez de Lis desenvolveu catro xornadas de formación, unha para profesorado que non coñecera esta metodoloxía e outras dúas para o profesorado que xa se formara en cursos pasados, para profundizar na mediación restaurativa.
O profesorado participante amosa un nivel alto de satisfacción pola experiencia compartida.