Coma promove o “traballo por proxectos”, tratamos de conseguir que o alumnado desenvolvera todo o seu potencial e talento, poñéndoo no centro do proceso de ensino e subordinando os contidos á acción.
O peso do proxecto recaeu nos voluntarios, que elixiron as tarefas querían facer de entre as seguintes:
1. Buscar información na web: escolma, cribado, análise crítica e contraste de fontes.
2. Traducir os textos en Inglés.
3. Entrevistar aos profesores especialistas.
4. Recompilar imaxes dos materiais e dos procesos.
5. Crear os logos e carteis de reciclaxe.
6. Facer os obradoiros artísticos.
6. Redactar os textos e completar a escrita na web, empregando o corrector ortográfico e sinalando os apartados nos que nos axudamos da Intelixencia Artificial.