San Cristovo de Cea
Cea aparece escrito en tempos pasados como Cea, Çea, Ceia e Zea, casi con total seguridade procede dos celtas. Para estes a palabra contaba con dous significados "muralla" ou "pradeira".
As orixes de Cea pobo, posiblemente se encontren nun castro remoto situado na ladeira norte do Monte do Lodairo, moi cerca de onde hoxe se atopan as piscina municipais.
Don Ramón Otero Pedrayo decía de Cea "está formado por casas antigas, a cor do seu famoso pan de moreno e sabroso trigo, Vila ben nomeada e alavada por grandes extensión galegas, polas súas mulleres madrugadoras e leales e polos seus mozos ben plantados, que reparten o seu pan polos lugares máis afastados, ata o Miño..."
Ata o censo de 1920 o nome de Cea empregábase indistintamente para nomear á Vila ou ó Municipio. Pasando dende entón a chamarse Sn Cristóbal de Cea o Municipio e a Parroquia e Cea só a Vila, case seguro que para evitar confusións.
No ano 1822 o municipio e a Vila quedan definitivamente inscritos na provincia de Ourense, unha vez que se consolidou a división de Galicia nas 4 provincias actuais.
En 1835, o Gobernador de Ourense, ó amparo do Real Decreto do 23 de xullo dese mesmo ano, reestructura os partidos xudiciais da provincia e inclúe no Municipio de San Cristobal de Cea os de Mandrás e Oseira. Ainda sería máis tarde cando as parroquias de Covas e Vales (ambas disgregadas da de Oseira) se unirían o Municipio de Cea, quedando este baixo a xurisdicción do Partido Xudicial do Carballiño.
Segundo as últimas estadísticas a Vila de Cea ten unha poboación de 855 habitantes, en 1960 tiña 1059. O municipio conta con 3731 e por aquel entón contaba con 5966. perdeu o 37.47% da poboación, unha porcentaxe similar ao que perdeu o partido xudicial ao que pertence.
Historia
Os inicios de San Cristovo de Cea, así como a súa arraigada tradición na fabricación do pan, están estreitamente ligados á historia do Monasterio Cisterciense de Santa María a Real de Oseira.
Este monasterio sempre mantivo a práctica da molienda e a panificación, obtendo os recursos necesarios para elo.
A Villa de Cea desempeñou un papel fundamental como proveedora de pan. A primeira referencia histórica que menciona as panadeiras de Cea remóntase ao último tercio do século XIII.
Tradición
O proceso de elaboración baséase en ingredientes simples como fariña de trigo, auga, sal e masa madre para a fermentación.
Utilízase un proceso artesanal laborioso que segue técnicas ancestrais da zona. A nosa produción distínguese polo uso de fornos especiais, circulares e cunha cúpula esférica feita de bloques de pedra granítica. Esta estrutura fracturada permite un calentamento uniforme e emprégase madeira noble como combustible.
Denominación de Orixe
A certificación da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea garantiza a produción de pan na área do municipio de San Cristovo de Cea (Ourense), nas instalacións rexistradas baixo a supervisión do Consello Regulador...
Dende fai moitos anos, neste lugar se elabórase un pan de calidade excepcional que obtivo un recoñecemento destacado, trascendendo as fronteiras da súa rexión.