"Xustificación e obxectivos"
O alumnado de 4º de Primaria vimos de traballar nunha nova edición de polos creativos. O noso proxecto xirou esta vez sobre a artesanía, centrándonos a nosa clase na maquetación en madeira.
Entre os obxectivos a conseguir co seu desenvolvemento, cabe destacar:
Fomentar a creatividade, así como a curiosidade e investigación entre o alumnado.
Desenrolar competencias transversais, destacando a lectora en particular como obxectivo xeral do centro para o presente curso académico.
Promover a colaboración e o traballo en equipo.
Desenrolar e mellorar habilidades artísticas.
Incorporar tecnoloxía e medios dixitais na educación.
Organizar eventos, exposicións ou presentacións para mostrar e compartir os resultados do proxecto, permitindo que a comunidade aprecie e se involucre coas creacións e contribucións dos participantes.