"Madeira e letras"
"Madeira e letras"
"A historia da madeira."
A madeira acompañou á humanidade desde a prehistoria, sendo un material esencial na construción, na artesanía e na vida cotiá. As primeiras civilizacións empregárona para crear refuxios, ferramentas e grandes monumentos, deixando unha importante pegada na historia.
Durante a Idade Media, a madeira tivo un papel fundamental na arquitectura e na construción naval, converténdose tamén nun símbolo de riqueza e poder. Coa Revolución Industrial, o ferro e o aceiro reduciron o seu protagonismo, aínda que continuou sendo importante na fabricación de mobles e obxectos diarios.
Nas últimas décadas, a madeira recuperou protagonismo grazas á súa sustentabilidade e ao seu carácter renovable. Hoxe é considerada un material do futuro pola súa beleza, resistencia e respeto polo medio ambiente.
O noso artesán é coñecido por ser o autor duns dos Beléns máis grandes da nosa comunidade. Entre as figuras, máis de seiscentas, destacan maquetas de diferentes oficios artesanais como telleiros, cesteiros, canteiros, etc.
Nando é unha persoa moi crente e relixiosa, facendo o Camiño de Santiago en moitas ocasións. Produto diso, recreou maquetando diferentes monumentos representativos do Camiño Portugués ó seu paso pola comarca do Val Miñor.
O conto de "Pinocho e as súas aventuras" é un dos exemplos máis significativos da relación da madeira e as letras.
Con todo o que aprendemos sobre o Belén e máis o Camiño de Santiago, elaboramos diferentes obradoiros para traballar e desenvolver a escritura como a lectura. Enriba destas letras tedes o resultado final. Poemas relacionados co Belén do Nadal, cómics para o Camiño e tamén fixemos a nosa propia versión do conto de Pinocho.