"Diario de traballo"
"Diario de traballo"
Recompilación de información.
O noso primeiro cometido foi averiguar a maior información posible sobre o noso oficio artesanal. Dividímonos en parellas e cada unha delas pensamos nunha pregunta dando lugar a unha batería delas que posteriormente empregamos como entrevista que lle fixemos a Nando, o artesán que se prestou a ensinarnos o bonito mundo da maquetación.
Outros apartados da web.
Unha vez realizada a entrevista, e debido a relación tan estreita das creacións do noso artesán co Belén do Nadal e o Camiño de Santiago, fixemos varias comprensións lectoras para averiguar máis información sobre estes temas.
Tamén visionamos este pequeno corto de "Pinocho" onde o protagonista foi construido a base de madeira.
Obradoiros de escritura.
Un grupo de compañeiros fixemos un poemario coa temática do Belén do Nadal.
Outro grupo creou os seus cómics baseados no Camiño de Santiago.
Un grupo máis quiso facer a súa propia versión do conto de "Pinocho".
Obradoiro de plástica.
Finalmente, fixemos a nosa propia réplica de madeira para coñecer de primeira man como é este oficio tan bonito. Temos que agradecer moito a implicación e colaboración de Nando xa que aparte de proporcionarnos prácticamente todos os materiais necesarios para levala a cabo; estívonos ensinando todos os pasos para construila.
O noso Cartel feito na clase de ARTS
Inspirados pola natureza e a talla, creamos un cartel con texturas que imitan a veta da madeira e as ferramentas do taller.
Inspired by nature and carving, we created a poster with textures mimicking wood grain and workshop tools.
Este cartel identifica o noso espazo creativo na exposición dos Polos Creativos.
This poster identifies our creative space at the Creative Hubs exhibition.