Rosalía De Castro

ED. INFANTIL E PRIMARIA

Este curso celebramos o día de Rosalía recordando a importancia do coidado do medio ambiente mergullándonos xunto a ela nuns fermosos xardíns de pensamentos, creados por todo o alumnado.

Neste vídeo pódense visualizar as distintas creacións elaboradas polos nenos e nenas expostas nos distintos espazos do colexio. 

O xardín de Rosalía.mp4

En Ed. Infantil, tendo en conta as diferentes idades, escribiron o nome da autora e colorearon os pétalos das flores. En 1º e 2º de Ed. Primaria, completaron os datos máis importantes da súa biografía e tamén colorearon ó seu gusto.

O alumnado de 3º a 6º de Ed. Primaria achegouse á vida e obra de Rosalía de Castro e a continuación realizou un traballo sobre a autora.

En 3º e 4º de Ed. Primaria completaron os pétalos das flores con datos significativos da súa vida, así coma con estrofas dos seus poemas e colorearon as flores. 

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria realizou un caligrama (dunha flor ou do seu retrato) con poemas de Rosalía e decorárono. 

Adiós ríos adiós fontes.mp4

Poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes" decorando o corredor do colexio.

ED. SECUNDARIA

Nesta etapa celebramos dous eventos co título xenérico "A ritmo de Rosalía".

En 1º da ESO, aproveitando o libro de lectura titulado "Formigas, misión Rosalía" fixemos unha posta en escena sobre o mundo que rodeaba a Rosalía, así coma un recital dos poemas incluídos no propio texto.

Pingas culturais: "A rítmo de Rosalía". O alumnado pertencente aos cursos superiores celebraron no recreo, un recital en distintas linguas acompañando os poemas de Rosalía con música. 

Neste vídeo pódese ver un resumo do acontecemento.

Día de Rosalía secundaria.mp4
presentacion rosalia.pdf

Presentación utilizada polo alumnado de 1.º de ESO.