A RICA CASTAÑA!
Aproveitando o bo tempo e os disfraces con motivo do Samaín, maiores e pequenos pasaron unha tarde do máis divertida degustando o froito da tempada, a rica castaña!
CASTAÑA OU SUSTO?
FOLIADA NO MAGOSTO
Un ano máis, esta data estivo amenizada por alumnas e profesorado de secundaria que cantaron cancións tradicionais galegas co acompañamento de ¡nstrumentos musicais propios da nosa terra coas que, ata os máis pequenos, se animaron a bailar.
OBRADOIROS
Canto gozaron os rapaces e rapazas dos distintos obradoiros!
Aprenderon sobre diferentes herbas coas que facer infusións, divertironse cos xogos populares, puideron ver e probar vestimentas típicas galegas, todos pintaron as súas caras e ademais déronlle con gusto a vasoiras artesáns feitas con auténticas xestas! Resultou un día diferente e moi entretido que remataron con moita sabedoría tradicional.