LUÍSA VILLALTA
Conto "Violino, inglesa e o libro xigante"
Con esta adaptación propia do conto de Primavera das Letras, quixemos achegar a vida da autora dende os máis pequenos/as ata 2º EP dun xeito máis visual e divertido. O seu instrumento musical preferido, o violín, vai percorrendo diferentes salas do seu gran libro, onde lles vai contando detalles da súa vida, traballo e afeccións.
FACEMOS UNS TRÍPTICOS DA SÚA VIDA?
Para reflexzar todo o aprendido co conto de Violino, todo o alumnado de Infantil e Primaria, elaboraron uns trípticos recompilando datos da súa vida, obras, intereses e afeccións. Están adaptados ás diferentes idades, aumentando pouco a pouco o nivel de dificultade e esixencia. Velaquí unha mostra dos nenos e nenas inmersos na súa elaboración.
TRíptico 3 anos
TRíptico 4 anos
TRíptico 5 anos
Velaquí os trípticos dos peques de Infantil!
Trípticos
Ed. Primaria
coñecendo A luísa villalta: VIda E OBRAS.
1ºEP E 2º EP
DE 3ºEP a 6º EP
ESO e BACH
ROSCO DE PASAPALABRA
Para celebrar o Día das Letras Galegas, o alumnado de ESO, e BACH participou o martes 21 de maio dun "Recreo musical" onde unha pequena orquestra formada por nenos e nenas do cole interpretaron, ao tempo que se proxectaba un vídeo dos premiados e premiadas nas letras ao longo dos anos, dúas pezas galegas clásicas; Lela e o Himno galego.
Ese mesmo día, o alumnado puido desfrutar nas aulas dun divertido Rosco de pasapalabra coa temática Luisa Villalta. Serían capaces de resolver correctamente todas as letras?
Obradoiro de creación poética
O alumnado de 4.° de ESO tivo a sorte de participar nun taller de creación poética impartido pola poeta e actriz Helena Salgueiro. Sen dúbida, foi un encontro único onde aprenderon a relacionarse coa escritura poética desde unha óptica orgánica e corporal, empregando o corpo como mediador da escritura-lectura da poesía.
RETO VILLALTA: "LUISA ANDA NA BOCA DE TODAS"
Como peche destas actividades, para festexarmos as nosas letras, tanto o alumnado coma o profesorado foi invitado a participar no "Reto Villalta: Luísa anda na boca de todas", unha iniciativa que pretendía achegar a obra da autora homenaxeada a partir da lectura persoal durante catro quedadas en catro recreos e en catro espazos diferentes do cole.
Finalmente, sorteouse un libro de Luísa Villalta entre aqueles que conseguiron completar as catro lecturas, parabéns á gañadora!