O patrón da embarcación foinos explicando durante o traxecto que estabamos a ver por vavor e por estribor, por proa e por popa. Ao chegar ás bateas atracamos nunha delas e alí aprendéronnos moitas cousas sobre estas construcións flotantes. Vimos varios tipos de cultivos de moluscos; o de mexilón, o de ostra, o de vieira... e nos explicaron como se elaboraba cada un deles.