A noite do 31 de Outubro é a noite na que o home inicia o camiño do reencontro cos mortos, ruta que rematará o 1 de Novembro coa celebración -froito da cultura católica- da festividade do Día de todos os Santos. Dende hai uns anos, e baixo a influencia da cultura estadounidense, a sociedade abrazou con forza a festa de Halloween sin ser conscientes de que a efeméride provén dun rito celta de aninovo que está presente na nosa cultura dende hai séculos: O Samaín.