O Entroido chegou ao cole cas comandas que se celebraron dende o luns 20 ata o xoves 23 de febreiro e foron as seguintes: o luns tivemos que ir cediño á perruquería para vir cun peiteado extravagante, o martes puxemos uns anteollos, o mércores viñemos despistados e puxemos unha prenda de roupa ao revés e finalmente o xoves puxemos algo no pescozo.