Este ano comenzamos unha nova aventura, xa que empezamos ao cole! Inda que ao principio choramos un pouco e estabamos alerta e moi tímidos, pronto descubrimos que no cole se poden facer moitos amigos e amigas e aprender moitas cousas: a cantar, a bailar, a debuxar, a xogar…. Ao longo deste curso fixemos gran cantidade de actividades coas que gozamos un montón: traballamos, xogamos, debuxamos, fomos ao teatro, de excursión á Illa de Sálvora… Nos seguintes videos podedes ver algunhas das actividades que máis nos gustaron!