O PDI (Proxecto Documental Integrado) é un proxecto que elaboramos todo o centro en base a unha mesma temática.
Este ano o PDI do cole é "Medios de Comunicación" e na nosa clase estamos a traballar sobre a nosa historia máis recente o século XX
Polo que relacionaremos ambas cousas deste xeito: entrevistaremos aos nosos maiores (nais-pais, avós-avoas) para ver a que xogaban cando eran nenos e nenas e como era a vida en España na súa infancia ou xuventude. Interésanos saber:
Xogos, vestimenta, e comidas típicas...
O papel da muller.
As formas de gobernos e as súas características.
Curiosidades: cousas que descubrades interesantes.
Para os casos que non tendes a opción de facer as entrevistas a algún dos vosos familiares vale unha persoa cercana á vosa familia que vivira nesa etapa de nosa historia.
Para os casos nos que os vosos familiares viviran fóra de España, faremos a entrevista para coñecer como era o país onde vivían teus familiares, a diversidade vainos dar un enfoque máis global.
Cada equipo será un Xornal Dixital (a través de Sites), ide pensando o voso nome e comezade a darlle forma, unificar o estilo e fonte da vosa web site.
Equipo 1:
Equipo 2:
Equipo 3:
Equipo 4:
Equipo 5:
O PDI (Proxecto Documental Integrado) é un proxecto que elaboramos todo o centro en base a unha mesma temática.
Este ano o PDI do cole é "Xogos do Mundo e Xogos Populares" e na nosa clase estamos a traballaremos sobre...
Para o noso PDI realizamos unhas entrevistas aos nosos maiores (avós, bisavós, tíos, amigos da familia ou profes) que de pequenos xogaban a xogos populares. Imos atrás na historia... retrocedamos 60, 70 ou 80 anos.
Preguntámoslles a que xogaron na infancia, podedes ver neste blog as entrevistas e uns vídeos explicativos dalgúns deles. Botade unha ollada nas subpáxinas deste blog:
O PDI (Proxecto Documental Integrado) é un proxecto que elaboramos todo o centro en base a unha temática.
Este ano o PDI do cole é "Sostenibilidade" e na nosa clase estamos a traballar sobre a nosa querida Ría do Burgo.
A nosa investigación xira entorno a:
Inicio.
Introdución do tema.
Presentación do grupo.
Dragado da ría.
Fauna e Flora.
Residuos.
EDAR Bens.
ETAP Telva.
Para amosar a nosa investigación cada equipo da clase elaborou unha páxina web, poderás velas aquí debaixo.
O PDI (Proxecto Documental Integrado) é un proxecto que elaboramos todo o centro en base a unha temática. Este ano o PDI do cole é "Galegos Ilustres" e na nosa clase estamos a traballar sobre o galego ilustre que temos no cartel da nosa clase: Martín Códax.
Qué é iso de "Ondas de mar de Vigo..."? Quen foi Martín Códax? Cal e a súa obra? Invetigamos un pouco sobre este personaxe.
Estamos traballando pero mentres... unha pequena mostra: o trailer do noso proxecto.
Na piña de 5ºC tentamos imaxinalo e este é o resultado. Os investigadores elaboraron unha proposta por equipo musicalizando as 7 cantigas de Martín Códax.
Escollimos de entre as 7 cantigas do Pergamiño Vindel unha por cada equipo para facer a nosa representación da cantiga na actualidade.
II "Mandado teño comigo"
VI "No sagrado en Vigo"
V "Cantas sabedes amar un amigo"
I "Ondas do mar de Vigo"
III "Miña irmá fermosa vinde comigo"
En todo traballo audiovisual durante as grabacións e ensaios hai moitos momentos de despiste e momentos divertidos... esperamos que vos faga tanta gracia como nos fixo a nós.