Agora nos recreo teremos material para xogar xuntos, cada día da semana terán preferencia no uso dos balóns os diferentes cursos, deste xeito repartimos os espazos e materiais.
Consultade na caixa de material que día vos toca a pista e o balón.
O nosos featuring particular entre os 5ºs de Tarrío, creación do Sites de Chimpamigos.
O próximo 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Dende o centro, con motivo desta celebración, e dentro dos Proxectos de Vida Activa e Deportiva, así como do Contrato-Programa Edusaude, realizaremos un recreación da Carreira Enki.
ONDE: Na porta traseira de saída ao patio, onde as fontes.
DESENVOLVEMENTO: A carreira consistirá nun percorrido marcado ao redor do centro (mapa adxunto) e onde o alumnado deberá sortear 10 obstáculos no caso de Primaria:
Dun aro a outro: Superar unha fila de aros en zig-zag, pousando únicamente un pé no interior de cada aro.
Circuito de habilidade: Superar diferentes obstáculos por dentro dos aros, por debaixo das picas, caminando sobre unha corda , etc
Rio Valiñas: Sortear un rio (formado por colchonetas), poñendo as mans nunha orilla (bancos) e as pernas na outra (ladrillos de psicomoticidade).
Corpo a terra: Reptar por debaixo do obstáculo.
Verdadeiros Superheroes: Colocarémonos un antifaz ao comezo do obstáculo e teremos
que cruzar unha pista, guiándonos con unha corda da que iremos agarrados/as. Ao remate
do percorrido quitaremos o antifaz.
A telaraña: atravesar unha telaraña de cordas.
Parkcour: Superar un percorrido polo parque infantil seguindo as indicacións que
atoparedes.
O túnel do terror: Pasar reptando por debaixo dunhas mesas e por un túnel de reptación.
O chan é lava: Atravesar o ximnasio dun extremo ao outro sen tocar o chan por enriba das
espaldeiras.
Bailando coa nosa sombra: Imitar todas as siluetas para poder cruzar a met