Bo nadal e avegoso 2025
10 RAZÓNS PARA FALARLLE GALEGO DESDE O PRINCIPIO
A lingua é a nosa marca de identidade, a nosa creación colectiva. É o noso privilexio e o noso orgullo. A transmisión de nais e pais a fillos e fillas é chave para o futuro de calquera lingua.
O proxecto Apego diríxese ás familias novas coa intención de propoñerlles que valoren o uso da lingua galega como vínculo de apego familiar e como raíz de arraigamento á nosa terra.
O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Observatorio do Patrimonio Lúdico galego traballaron man a man neste proxecto que busca aproveitar as novas tecnoloxías para difundir os xogos tradicionais.
O resultado é Xogos tradicionais unha web e unha APP (para Android e Apple) que conteñen información de medio centenar de xogos que se poñen a disposición da cidadanía. Do puño puñete á petanca, pasando pola chave, a cadeira de raíña.... son algunhas das propostas que podemos atopar. Agora toca xogar!!!
Na web de Xabarín podemos atopar esta serie na que os Bolechas repasan a historia de Galicia dende o Paleolítico.
Cando andabamos polo monte é o título do primeiro capítulo. Nesa época non había supermercados nin tendas. A xente era nómade e ía dun lugar a outro para conseguir comida cazando, pescando e recollendo froitos do bosque. Coa pel dos animais facían a roupa e os poucos utensilios que tiñan eran de pedra.
Emisora pública dixital de música infantil e xuvenil da Corporación Radio e Televisión de Galicia. Integrada na marca Xabarín e cun milleiro de cancións en Galego.
Na actualidade funciona como un directo de audio sen interrupcións de cancións galegas para nenos e nenas.
Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, e tamén real, coma o noso.
Atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.
Páxina que busca difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.
Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.