O Día Europeo das Linguas (DEL) vense celebrando cada ano dende 2001, o 26 de setembro, como unha iniciativa para poñer en valor o multilingüismo do Consello de Europa, que representa a 800 millóns de cidadáns de 47 países.
Na súa celebración participan numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e lingüísticos, así como universidades e centros escolares.
Os obxectivos xerais da celebración do Día Europeo das Linguas son:
· Preservar e potenciar a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa.
· Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto no ámbito escolar como fóra del para capacitar profesionalmente coma no lecer.
· Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de linguas que se aprenden co obxecto de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
Con ocasión deste día, organízanse unha gran variedade de eventos e actividades en todo o continente.