“Como o trompo” · Banda “Os Ourensóns”
“Como o trompo” · Banda “Os Ourensóns”
COMO O TROMPO - BANDA OS OURENSÓNS
Ven comigo “pra” rúa xogar coa bóla
ti me tiras punteirazos, eu che fago un paradón.
Tamén podemos, se queres, probar coa chave,
dálle ás aspas co peso, ponlle toda a túa atención.
E non deixes de xirar, e non deixes de xirar.
Fago o camiño como o trompo en San Martiño,
fago o camiño e non deixo de xirar. (bis)
Trouxen hoxe dous paus para divertirnos
lanza ao aire a billarda dálle forte co palán.
Máis tarde poderiamos marchar coas bicis,
temos camiño dabondo e diante todo o serán.
E non deixes de xirar, e non deixes de xirar.
Fago o camiño como o trompo en San Martiño,
fago o camiño e non deixo de xirar (bis)