Prácticas en empresas

Prácticas opcionais

Para mellorar a cualificación profesional das persoas que realicen e superen un curso de Aula Mentor e favorecer a súa inserción laboral, este alumnado poderá realizar con carácter voluntario prácticas laborais en empresas.

O procedemento é semellante ao que se segue na FCT (formación en centros de traballo) de FP, cun límite de cen horas en xornadas diarias de cinco horas como máximo.

Os acordos de colaboración para a realización das prácticas formalizaranse por escrito co centro de traballo e a relación entre o alumnado e o centro de traballo derivada do acordo de colaboración non terá natureza xurídica para os efectos laborais. Xa que logo, o alumnado non poderá percibir retribución económica ningunha pola súa actividade formativa nin polos resultados que puidesen derivarse dela.

Será o centro de traballo o que expedirá o alumnado que complete as prácticas de empresa unha certificación que acredite o número de horas de prácticas realizadas.

Para mais información contacta co administrador da aula.