Probas finais
Consulta probas finais
¿É obrigatoria a proba final?
Para obter o certificado de aproveitamento do curso é necesario realizar devandita proba.
¿Cando se pode facer a proba final?
Cada dous meses aproximadamente, convócanse probas de avaliación. Co prezo da matrícula tense dereito a dous intentos para superar o exame dentro das tres convocatorias seguintes, unha vez que o titor dá a autorización para poder presentarse.
¿Como se consegue a autorización para poder presentarse á proba final?
Unha vez entregadas e superadas todas as probas do curso, o titor comunicará ó alumno a autorización.
¿Hai que facer algo máis despois de ter a autorización para ir a exame?
Poñerse en contacto co administrador da aula e concertar data e hora para o exame.
¿Qué pasa se non se supera a proba final?
Coas probas finais pretendense comprobar que foi o alumno e non outra persoa a que realizou o curso. Así que non debería haber ningún problema para superar a proba. No remoto caso de non superala, o alumno dispón da posibilidade dunha segunda oportunidade incluida na matrícula.
¿Como podo saber a nota final?
A nota se pode consultar na mesa de traballo. Ainda que a matrícula esté caducada, o alumno pode acceder para consultala.
¿Canto tempo se pode deixar desde que o titor da a autorización até a proba final?
Unha vez superadas as actividades do curso e recibida a autorización para poder presentarse á proba final se poden deixar pasar tres convocatorias.
O alumno será dado baixa con tres "non presentado" consecutivos.
¿Podo obter algún tipo de certificado sen superar a proba final?
Non.
Unha vez rematadas as actividades debo cubrir a valoración final do curso. ¿Onde podo atopar esta valoración?
Podes acceder ao cuestionario de valoración final na mesa de traballo:
Outras preguntas: