Matriculación

Consultas de matriculación

¿Cal é o prezo dos cursos Mentor?

Independentemente do curso elixido, o alumno debe abonar 24 € cada 30 días naturais. Inicialmente esíxese a matriculación por 60 días, polo que o mínimo é de 48 €. Este prezo non inclúe, en algúns cursos puntuais, materiais como libros ou programas.

¿Inclúense todos os materiais no prezo do curso?

Depende do curso. Pero en xeral sí.

¿Como se computan os días aos que da dereito a matrícula nun curso?

Ao matricularse nun curso, débese realizar un pago de 48€ que dá dereito ao seguimento durante 60 días naturais. Antes de concluír este período, se o alumno considera que non poderá finalizar o curso, deberá realizar unha nova recarga de 24€, podendo proseguir o curso outros 30 días naturais. Con esta recarga non se perden os días adquiridos en recargas previas, senón que se acumulan aos días restantes.

¿Canto tempo se tarda en poder acceder á mesa de traballo desde que se realiza a matrícula?

As matrículas son tramitadas ao final do día e o acceso á mesa de traballo pódese realizar ao día seguinte.

¿Podo matricularme en máis dun curso á vez?

Sí.

¿Qué pasa cando se agotan os días de matrícula?

Antes de finalicen todos os días de matrícula é necesario facer unha nova recarga por 30, 60 ou 90 días. No caso contrario será necesario volver a matricularse no curso de novo, co conseguinte gasto de dous meses. Excepcionalmente, pódese facer unha recarga de 30 días antes de que transcorran 15 días. Pero nese caso descontaranse os días transcorridos hasta o día da recarga.

¿Se fago unha nova recarga perdo os días que teño dispoñibles?

Non. Ó facer unha recarga acumúlanse os días ós que nos quedaban.

Me quedan 10 días de matrícula e non serán suficientes para rematar o curso ¿Qué debo facer?

Se estás seguro de que non che vai a dar tempo a rematar o curso cos días de matrícula que che quedan, deberías facer a recarga de 30, 60 ou 90 días canto antes. Se fas inmediatamente unha recarga de 30 días pasarás a dispor de 40 días.

Fai 5 días que caducou a miña matrícula. ¿Qué debo facer?

Recargar inmediatamente. Se recargas 30 días, pasarás a dispor de 30 - 5 = 25 días xa que se restan os días que pasaron desde que caducou a túa matrícula.

Fai 14 días que caducou a miña matrícula. ¿Qué debo facer?

Urxentísimamente contactar co administrador e facer unha recarga inmediatamente. Ó período de gracia para poder facer unha recarga é de 15 días . Se recargas 30 días, pasarás a dispor de 30 - 15 = 15 días xa que se restan os días que pasaron desde que caducou a túa matrícula.

Fai 15 días que caducou a miña matrícula. ¿Qué debo facer para continuar?

Pasado este tempo será necesario matricularse de novo no curso co conseguinte pago de 48€, dispoñendo novamente de dous meses de matrícula. Se fose posible, asignarase o mesmo titor e o alumno continuará o curso onde o deixou.

¿Hai que seguir facendo recargas hasta a data do exame?

Unha vez recibida a autorización do titor para presentarse ó exame final non é necesario facer máis recargas.

¿Pódese paralizar temporalmente a matrícula?

En xeral non. Aínda que hai dúas excepcións: no nadal e no verán. Nesas datas, os alumnos poden solicitar ao administrador a conxelación da matrícula durante os períodos estabrecidos. Se a matrícula estivese xa caducada non hai posibilidade de acollerse a esta facilidade. É necesario dispoñer de días activos. Para máis información contacta co administrador.

¿Qué é a conxelación de matrícula?

A conxelación de matrícula é unha posibilidade que ofrece a aula mentor para "tomarse unhas vacacións" a mitade dun curso. Só é posible no nadal e no verán e baixo certas condicións.

¿Podo seguir traballando no curso coa matrícula conxelada?

Coa matrícula conxelada non é posible acceder aos contenidos do curso e polo tanto tampouco é posible enviar actividades ao titor ou facer consultas. Por suposto, se o alumno ten descargado previamente os materiáis non hai nada que lle impida continuar pola súa conta.

Outras preguntas: