O BRINDO DE OURO
Dous alumnos de 4º da ESO falaron máis polo miúdo con Xesús Manuel
Marcos. Unha vez rematada a charla que este escritor nos deu sobre o
seu libro O brindo de ouro, Xavier e Héctor acompáñarano na mesa e fixéronlle diversas preguntas que agora vos amosamos.
P. ¿Que método usa para escribir? ¿Escribe un pouco a cotío ou pode pasar días á espera de que chegue a inspiración?
R. Escribo todos os días, uns máis ca outros. E escribo todos os
días, porque o cerebro é coma un músculo e, como todo músculo, hai que
exercitalo. Un bo exemplo disto é cando unha persoa vai ó ximnasio para
exercitar e traballar os músculos do seu corpo.
P. ¿Cal é o seu libro preferido?
R. Esta é unha pregunta complicada. A verdade é que non teño
ningún libro preferido, xa que co que máis me identifico é cos autores.
O que si vos podo dicir é que me encantan autores como Kafka ou Nut
Hadson, que escribiu unha das miñas novelas preferidas, Hambre, no século XV, aínda que segue sendo moi actual. Con respecto a autores galegos, o libro que máis me impresionou foi A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.
P. ¿Que recordos ten da súa estancia no Río Cabe?
R. Os recordos que teño son todos bos. Os profesores portáronse
moi ben comigo en xeral, aínda que algúns eran bastante duros e
estritos. O que si é certo é que este centro axudoume a formarme
psicolóxica e didacticamente. Para min un bon profesor é aquel que te
aconsella e axuda en todo o necesario.
P. ¿De mozo era afeccionado á lectura?
R. Si, eu creo que todos os escritores foron afeccionados á
lectura cando eran novos. Eu, por exemplo, empecei a ler tarde. Os meus
pais tiñan un bar no Courel e o ambiente non era moi propicio. Recordo
unha libraría que había nos Chaos, na que eu merquei os meus primeiros
libros. E xa vos digo, lía de todo, incluso os tebeos de Mortadelo e Filemón.
P. ¿Cando comezou a escribir e por que?
R. Xurdiume a necesidade de escribir e pensei que me podería
dedicar a isto profesionalmente, xa que a min sempre me gustou
transmitir todo tipo de historias. De todos modos, estudei Dereito e
traballo actualmente en Madrid.
P. ¿Que lle conta o seu irmán do noso centro?
R: Di que sodes moi bos alumnos, pero a verdade é que
habitualmente non falamos do traballo, xa que a min non me interesa o
seu nin a el o meu (risas entre o público). Aínda así, penso que está
moi contento neste centro.
P. Moitas das preguntas que tiñamos preparadas sobre O brindo de ouro xa quedaron contestadas na súa charla. Con todo, quedounos unha que lle presentamos agora. ¿Inspirouse en O señor dos aneis?
R. Claramente si. Por suposto que me inspirei neste libro
fabuloso. Lino cando tiña quince anos nunha soa fin de semana, xa que
foi un deses libros que te engancha e non podes soltar. Agora intentei
lelo outra vez, pero xa non o conseguín. Penso que xa non se adapta
tanto á miña idade. |
POR HÉCTOR E XAVIER, 4º ESO

