Propostas artísticas

  • Plastilina casera / Plastilina: varias opcións para facer pasta de modelar.
  • Botellas da calma: pódese facer con materiais reciclados (unha botella de plástico vacía, algún xoguetiño que non usen...).
  • Arte có nome: proposta para decorar o propio nome.
  • Facer collage con diferentes papeis e materiais que temos pola casa (poden rasgar, recortar, facer boliñas, usar troqueladoras...).
  • Visitar algún museo de forma virtual (no apartado Webs interesantes tedes varios enlaces relacionados) e representar algunha obra que nos guste.
  • Esculturas con materiais reciclados: tubos de papel hixiénico ou de cociña, caixas, tapóns, botes de iogur... Logo podemos facerlle unha fotografía e/ou intentar representalo nun papel. Aquí tedes un exemplo empregando tubos de papel e pinturas.
  • Crear mandalas con materiais que temos na casa. Velaquí un exemplo empregando elementos da natureza.
  • Manualidades: repositorio de diferentes manualidades onde podemos seleccionar o material principal (incluindo materiais de refugallo).
  • Roll-a-Masterpiece: proposta para facer obras de arte onde empregamos un dado: tiramos o dado e debuxamos a que corresponde repetindo ate rematar todas as categorías.